Salón Mirador
Ao entrar neste salón comprenderás o seu nome. Un espazo reservado para a tranquilidade, para compartir unha agradable conversación ou para saborear un bo libro logo dun bo roteiro de sendeirismo e dunha deliciosa ducha de auga quente… un lugar deseñado para o repouso, a relaxación e ata a inspiración. Un espazo para «desconectar».
Tamén se pode utilizar como espazo para reunións de traballo de carácter máis informal, para pequenos grupos que necesiten un lugar aberto para traballar, recibir formación, sesións de yoga…, é dicir, unha sala de reunións integrada en plena natureza.
Certificado de Excelencia 2016
Hotel Piornedo