Unha contorna privilexiada
O noso pequeno hotel atópase situado en pleno corazón da Serra dos Ancares, aos pés dos seus cumes máis altos, como son o Cuíña (1998 m), Mustallar (1935m) e Penalonga (1890 m), con vistas inmellorables a todas elas. Trátase dunha contorna privilexiada, declarada Reserva Nacional de Caza desde 1966, Paraxe Pintoresco desde 1971, espazo incluído na Rede Natura 2000, Reserva da Biosfera desde 2006, e que está declarado LIC (Lugar de Importancia Comunitaria), ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) e Zona de Protección do Oso Pardo.
Piornedo
A poucos metros do hotel, atópase a aldea prerromana de Piornedo (declarada Conxunto Histórico — Artístico). Trátase dunha pequena aldea que conta con 16 veciños que descansa nas saias do Penalonga. A aldea destaca polos seus peculiares e características pallozas, que ata fai poucos anos servían aínda de vivenda (persoas e facenda convivían baixo un mesmo teito) e que fan recordar á famosa aldea gala de Asterix e Obelix ou á Comarca do Señor dos Aneis. Xunto aos seus hórreos forman un conxunto patrimonial de incalculable valor pola súa antigüidade e originalidad.
Ruta 1 desde Galicia
Autovía A-6, Saída Navia de Suarna e Baleira, Neira de Rei, Alto do Restelo, Navia de Suarna e Piornedo — 65 kms. vistas panorámicas da serra.
ver ruta detalladaRuta 2 desde Galicia
Autovía A-6, Saída Becerreá e Navia de Suarna, San Román de Cervantes, Degrada e Piornedo (50 km).
ver ruta detalladaRuta 3 para o inverno
Variante recomendable no inverno, é a mellor opción para autocares: A-6, Becerreá, Navia de Suarna e Piornedo (65 km).
ver ruta detalladaRuta 4 desde Madrid
Autovía A-6, Saída Ponferrada e Veiga de Espinareda, LLE-711 ata Veiga de Espinareda, LLE-712 ata Lumeras, Candín, Pereda, Tejedo, Porto de Ancares e Piornedo. (60 km, moi difícil no inverno, recomedable no verán).
ver ruta detallada
Certificado de Excelencia 2016
Hotel Piornedo