Historia do edificio

O noso hotel é un lugar íntimo e acolledor no que se combinan a pedra e a madeira co lume das súas chemineas, o marco ideal para esa escapada de fin de semana tan necesaria ou a realización de pequenas celebracións, reunións ou convencións.

el antiguo edificio del hotel

Trátase dun edificio de nova construción, que comezou a levantarse en 1980 dirixido polo arquitecto lucense Antonio González Trigo. Inicialmente tratábase dun pequeno hostal de 15 habitacións, repartido en tres alturas; un baixo (para almacén), unha primeira planta (para cafetaría, cociña e restaurante) e unha segunda planta (para as 15 habitacións).

el antiguo edificio del hotel

A estética do hostal daquel entón é difícil de recoñecer hoxe en día: posuía un pequeno balcón que unía dúas habitacións e todas as fiestras do edificio estaban cubertas por contras de madeira de castiñeiro. As paredes tamén eran de pedra de granito, como o son hoxe, aínda que a colocación destas e a súa preparación previa no corte non conseguía dar á súa fachada o aspecto e a imaxe que ten hoxe.

o antigo edificio do hotel

Posteriormente en 1995 levaríase a cabo unha ampliación e unha remodelación da fachada inicial do hostal, da man do arquitecto Pedro de Llano Cabado, arquitecto referencia en arquitectura popular de Galicia do que tivemos a honra de que dirixise a nosa obra, e o seu equipo (principais precursores da rehabilitación da aldea de Piornedo). A ampliación consistiu en engadirlle ao edificio orixinal outro edificio de dúas alturas, coa parte inferior destinada a aparcadoiro e a parte superior dividida nunha zona de descanso, a sala mirador (con vistas espectaculares ao val que conduce a Navia de Suarna) e 11 habitacións máis, co que se pasaba a dispoñer de 26 habitacións.

Desde outubro do 2004 comezamos unha terceira fase dirixida polos arquitectos Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xavier Liñares Túñez. Grazas ao aumento do turismo na zona e á nosa inquietude por seguir mellorando, esta nova reforma permitiunos adaptalo para obter a categoría de Hotel. reducimos as nosas habitacións a un total de 23 facéndoas máis espazosas. Preparamos tamén unha sala para pequenas convenciones, conferencias, reunións, actividades formativas ou exposicións; e acondicionamos os exteriores do Hotel, axardinándoo e plantando especies de árbores autóctonas como o capudre (serbal dos cazadores), cerdeiras ou teixos, marcando o perímetro do Hotel cun pequeno muro de pedra e empedrando a zona de aparcadoiro.

Todo iso para marcar, seguramente, un punto e seguido na historia deste edificio…