Lendas

A muller cerva

Do castelo no que vivía, un día desapareceu unha bela princesa. Logo de moito tempo de incansable procura, os seus pais e o seu irmán dérona por morta. Anos máis tarde, durante unha cacería, o irmán da princesa deu morte a unha cerva branca, tan branca que parecía feita de neve.Como o animal resultou moi pesado, optou por cortarlle unha das mans como trofeo e regresou ao castelo.

Pero ao abrir o zurrón, a súa sorpresa foi que dentro había unha pulida man, finísima, que goteaba aínda sangue quente e lucía nun dos seus dedos un bonito anel que pertencera á súa irmá desaparecida.

Arrepiado e presa do desasosego, regresou en busca do corpo da cerva e non atopou máis que o cadáver da súa irmá, ao que lle faltaba a man que el mesmo cortara.

A fonte dos namorados

Di unha das doces e románticas lendas, que na Campa do Barreiro (Cervantes), atópase a fonte dos namorados, na que se ten que beber tres veces para conseguir o favor da persoa amada.

A lenda vai máis aló e di, ademais, que si se bebe dese auga collidos da man, a parella contraerá matrimonio con toda seguridade antes dun ano.

Pontes de Gatín

Un mozo ao lado esquerdo do río coñeceu a unha moza ao lado dereito. O mozo, como non podía entablar relación coa muller que amaba, fixo un pacto co diaño (disfrazado de gato pequeno, ou gatín). Este construiría unha ponte pola noite e a cambio, levaríase o primeiro ser vivo que nacese en casa do mozo logo da voda.

A parella contraeu matrimonio e a muller pronto quedou embarazada. Por influencia do diaño, en casa da nova familia non nacía ningún animal en espera de que o neno fose o primeiro ser vivo da familia.

Pero unha noite, no palleiro, naceu unha camada de gatos. O esposo levou o primeiro gato nado á metade da ponte para entregarllo ao diaño, burlando así o triste destino que o diaño (gatín) tiña previsto para o neno.

Enterro do home vivo

En Donís ían enterrar vivo a un home que non tiña nin para comer. Cando o levaban ao cemiterio, tombado nunha escaleira, atopáronse cun veciño de Corneantes, que lles increpou do seguinte xeito:

— A onde levades a este home? — Imos enterralo porque non ten nada para comer! — respondéronlle os veciños de Donís. — Sendo así, deixádeo, que eu lle darei trigo — díxolles o de Corneantes. Ante estas palabras, o morto de fame levantou a cabeza e preguntou: — Cocido ou sen cocer? — En gran! — respondeulle o seu benefactor. — Pois logo que siga o enterro! — dixo o morto de fame, tombándose de novo na escaleira e dando por terminada a conversación.